Conta atrás para o Festival Amal



Festival de Cine Árabe Amal está a piques de comezar a que será xa a súa décima edición. Esta desenvolverase en Santiago de Compostela entre os vindeiros días 15 e 20; non obstante, o pistoletazo de saída será xa este domingo, 14 de outubro, mediante un concerto a cargo de H-Kayne na sala Capitol para o que aqueles que queiran asistir xa poden recoller as súas invitacións na Fundación Araguaney. Tamén se organizarán, xa o sábado, obradoiros de danza (11.00 horas) e caligrafía (16.00) árabes, en ambos casos no Hotel Araguaney.




O festival arrincará co concerto do grupo de
rap marroquí H-Kayne.

O luns comeza o groso das actividades deste evento único, coas proxeccións á cabeza. Durante toda a semana poderase gozar de forma gratuíta de documentais ás 13.00 horas no Hotel Araguaney. Serán os seguintes: Festival in the desert (luns), Bridging the gap (martes), Checkpoint Rock (mércores), Bromas aparte (xoves) e Syrie, le crepuscule des assad (venres, na Igrexa da Universidade e ás 12.30, como excepción).


Documentais proxectados en horario matutino.

Pola tardes haberá proxeccións no Teatro Principal ás 18.30 horas, por dous euros, e ás 20.00, na mesma ubicación e, neste caso, por tres euros. Na sesión vespertina, luns, martes e venres están reservados para as curtas, mentres que o mércores e o xoves poderase gozar das mediametraxes Waitting (documental) e Sur la route du paradis (ficción). Na das oito, documentais:


O Teatro principal acollerá as proxeccións das tardes.

De novo no Principal, ás 22.00 horas será o momento da ficción, por tres euros a excepción da cinta do viernes 19, El shooq, de entrada libre. O mesmo para a proxección do xoves na seguiente sesión (00.00 horas), con Next music station: Marruecos; de luns a mércores, o custo desta sesión é de dous euros.


Proxeccións en horario nocturno.

Á marxe dos prezos mencionados, existe a posibilidade de adquirir por quince euros un bono para dez películas. A maiores, celebrarase un ciclo de cine infantil e outro de música itinerante; poderanse visitar as exposiciones Amal Creativity, de carteis (no Hotel Araguaney, do 13 ao 20 de outubro) e Amal Filatélico (desde mañá ata o 22, na Igrexa da Universidade, que albergará así mesmo unha conferencia sobre Siria o venres 19 ás 13.00).




En total, serán 31 as producións que se verán no festival. As que compiten en sección oficial optarán  aos premios concedidos por un xurado que preside a actriz francesa de orixe marroquí Sanâa Alaoui e completan o filólogo, guionista e impulsor do Festival de CansAlfonso Pato; a actriz galega María Mera; o codirector do Instituto de Estudos sobre Conflitos e Acción Humanitaria, Jesús Núñez Villaverde e o xornalista Tahar Houchi. Estes galardóns entregaranse na gala de clausura do sábado 20 no Teatro Principal, que contará coa actuación de Marcos Teira Quinteiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada