miércoles, 6 de junio de 2012

Delincuentes Torpes

Leer en español

Esta noite, ás 00.30 horas, estréase na Televisión de Galicia (TVG) o programa Delincuentes Torpes no que hai uns meses tiven a oportunidade de traballar. Trátase dun espazo en clave de humor producido por La Región, presentado por Javier Varela -que interpreta ao Detective Varela- e Alba Lago -no papel da súa axudante Mari Carmen- e dirixido por Ángel de la Cruz -Enrugas, O bosque animadoOs mortos van ás présas...- .


Alba Lago e Javier Varela presentan Delincuentes Torpes
Javier Varela e Alba Lago son o Detective Varela e Mari Carmen.
Foto: www.crtvg.es

Cada edición conta cun convidado, sendo o desta primeira entrega o escritor Miguel Anxo Fernández, creador do personaxe do detective Frank Soutelo. Ademais desta entrevista, o programa, dunha duración aproximada de media hora, inclúe outras seccións coma as Novas parvas, o Corredor da fama -onde se reapasa as feitorías de delincuentes que destacaron pola súa torpeza- ou recreacións ficcionadas de casos que, por incrible que pareza, foron reais.


Javier Varela entrevista a Miguel Anxo Fernández en Delincuentes Torpes
Javier Varela co primeiro convidado do programa, Miguel Anxo Fernández.
Foto: www.crtvg.es

Persoalmente podo dicir que foi unha experiencia profesional nova, nada que ver co que fixera antes, e na que desfrutei e aprendín moito. Agora só queda comprobar o resultado, así que vos invito a velo, se non pode ser hoxe, cando o poñan na web. Agardo opinións!!


Delincuentes Torpes
Unha servidora, xunto ao logo de Delincuentes torpes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario